miércoles, 20 de febrero de 2019

Celso Emilio Ferreiro



Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro[1] de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista.[2] Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[3] Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Infancia e xuventude
De familia acomodada, dedicada ao comercio e á agricultura, e galeguista, Celso Emilio foi o máis novo dos sete fillos do matrimonio composto por Venancio Ferreiro Reinoso (membro das Irmandades da Fala) e Obdulia Míguez Buxán. Celso Emilio sempre amou profundamente a súa vila natal, identificándoa coa súa infancia. Súas son estas verbas nunha entrevista a Víctor Freixanes[4]:
Celanova é a miña patria primordial, comarca das miñas primeiras vivencias, a fonte onde abrollou o meu inicial concepto do mundo (...). Celanova alumeou os meus ollos de neno con imaxes fermosas e tenras.

Estudou en Celanova no colexio dos escolapios. Aos 20 anos, en 1932, organizou con Xosé Velo Mosquera, entre outros, as Mocedades Galeguistas de Celanova e participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas, dependente do Partido Galeguista, en 1934, da que habería ser, no 1936, o derradeiro Secretario de Organización. Pouco despois foi procesado por un artigo publicado en Guieiro:Outavoz patriótico da F.M.G., revista que el mesmo dirixía.
Guerra civil[editar | editar a fonte]

Mobilizado para a guerra civil española polas tropas franquistas, é enviado á fronte de Asturias. Mentres as columnas galegas participan na toma de Oviedo el consegue un destino como radiotelegrafista, o que o mantén afastado da liña de combate. Aínda así sofre feridas leves durante a evacuación do hospital da cidade ovetense.

No 1937, durante un permiso en Celanova, detéñeno por facer un comentario político (presuntamente criticando os crimes perpetrados polos fascistas) en público. Péchano nunha cela do mosteiro da vila, toda de pedra, durante tres días. A mediación de parentes e amigos perante o Gobernador de Ourense evita a súa execución. Este suceso inspiraría, 25 anos despois, a súa obra principal: Longa noite de pedra.

Un día de setembro do mesmo ano, exercendo o seu labor como radiotelegrafista, erra o número que debía marcar, entrando así en contacto con Moraima, quen sería logo a súa muller e fonte inesgotable da inspiración do poeta, en especial, en Onde o mundo se chama Celanova.
En Pontevedra[editar | editar a fonte]

Despois da guerra continuou os estudos de Dereito que iniciara en Oviedo, que abandonou, e iniciou os de Maxisterio, que si concluíu, malia que non chegou a exercer nunca. No 1941 foi destinado como funcionario a Pontevedra, concretamente como secretario da Fiscalía de Taxas, onde estivo ás ordes de Ramón Rivero de Aguilar dende 1945. Botou nove anos na cidade do Lérez, participando intensamente na vida cultural da mesma e entrando en contacto con escritores coma Aquilino Iglesia Alvariño e Manuel Cuña Novás. Foi redactor xefe da revista Finisterre e publicou algúns poemas en Ciudad. Tamén coñeceu a Emilio Álvarez Negreira, con quen colaborou na colección de poesía Benito Soto, fundada no 1948 polo propio Álvarez Negreira e máis por Sabino Torres e que foi a primeira empresa editorial que publicou libros galegos en Galiza tras a guerra.

No 1943 casou con María Luisa Moraima Loredo en Xixón, con quen tivo catro fillos.
En Vigo[editar | editar a fonte]



Placa en Vigo, na casa na que viviu.


Tras obter o título de Procurador dos Tribunais trasladouse a exercer a profesión a Vigo, onde viviu ata o 1966. Ademais, tamén traballou nunha oficina de seguros que fundou cun socio e que sobreviviu ata o 1955 e dirixiu un obradoiro de fotogravado.

A súa estancia na cidade olívica coincide coa súa consolidación como poeta e literato. Mergullouse na vida cultural e intelectual, trabando amizade cos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Laxeiro ou Francisco Fernández del Riego. Colaborou asiduamente en diversas publicacións, coma o xornal Faro de Vigo, o periódico pontevedrés Litoral, Vieiros e, especialmente, a revista de poesía Alba, dirixida por Ramón González-Alegre, na que publica poemas entre os que figuran a serie de composicións do seu libro O soño sulagado. No 1954 publicou unha biografía do seu paisano Curros Enríquez.

No 1964, dous anos despois da publicación de Longa noite de pedra, participou na fundación da Unión do Pobo Galego (UPG) xunto con Méndez Ferrín, Reimundo Patiño e Lois Soto, organización de orientación nacionalista e marxista.
Na emigración[editar | editar a fonte]

Poema "Irmaus", de Longa noite de pedra, na Insua dos Poetas.

Escultura en homenaxe a Elso Emilio Ferreiro na Insua dos Poetas.

En 1966 emigrou a Venezuela, proceso que el mesmo explicou así:[5]
Ofrecéronme dende Caracas a Secretaría de Cultura da Sociedade Galega e marchei, aínda que de primeira non ía decidido a quedar, como logo ocorreu. Pódese dicir que foi un autoexilio.

Porén, algúns autores apuntan como causas da súa decisión certas dificultades económicas, a presión á que estaba sometido como consecuencia da súa actividade política e a esperanza de atopar na emigración suramericana a Galiza nacionalista e antifranquista que non existía no territorio propio.[6]

Antes da súa marcha, o 15 de maio de 1966 fíxoselle unha homenaxe de despedida en Ourense, que acabou converténdose en todo un acto de desafío ao réxime franquista e de apoio da intelectualidade galega aos labregos de Castrelo de Miño que se mobilizaran polas expropiacións efectuadas para a construción dun encoro.

Xa en Venezuela, colaborou coa Hermandad Gallega, fundou o Patronato da Cultura Galega, e traballou no gabinete do Presidente Rafael Caldera. Mais axiña aniña a decepción en Celso Emilio. No 1968, tras un proceso fraudulento, accede á dirección da Hermandade un grupo reaccionario proclive ao franquismo, que decide expulsalo a el e máis ao seu fillo. O poeta responde así á misiva na que lles comunicaron as súas expulsións:[7]
(...) grandemente satisfeitos de ter sido ouxeto da xenreira represiva dise Consello (...), desautorizamos que se revise o noso caso, pois non queremos, baixo ningun conceito, renunciar ao privilexio de sabernos repudiados polo feixismo.

O encontro con estes sectores mercantilistas e reaccionarios, cando el esperaba atopar unha Galiza viva e combatente, inspiroulle o libro Viaxe ao país dos ananos.

Grazas á súa iniciativa grávase e edítase en Caracas en 1970 o primeiro disco LP en galego Galicia canta onde ademais de ser o autor de varias das letras e da presentación do disco co heterónimo de Arístides Silveira, el mesmo interactúa con Xulio Formoso tocando o pandeiro.
Últimos anos[editar | editar a fonte]

Ao volver da emigración, no ano 1973, instalouse en Madrid, onde traballou de corrector de estilo para a revista Tribuna Médica, na que era presidente do Consello de Administración o galeguista Álvaro Gil Varela. Dirixe a aula de cultura do Ateneo, colabora na prensa e participa nas tertulias do Café Gijón, visitando Galiza nos veráns. Afíliase ao Partido Socialista Galego e preséntase como candidato ao senado pola coalición Candidatura Democrática Galega nas eleccións lexislativas do 1977. Previamente, no 1974, rachara coa UPG, con quen xa viña mantendo importantes diferenzas desde a emigración. Ao pouco tempo, volve mudar de partido afiliándose ao PSOE, coa esperanza de intervir no proceso de galeguización do partido.

Un derramo cerebral acabou coa súa vida mentres pasaba as súas vacacións en Vigo, na súa casa da Avenida de Castrelos, o 31 de agosto do 1979. Foi enterrado en Celanova

Foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1989.
Obra[editar | editar a fonte]
Ollada xeral[editar | editar a fonte]

Praza maior de Celanova, vila natal do poeta.

Celso Emilio Ferreiro consagra a recuperación do realismo social na poesía galega[8]. Esta vertente social da súa obra garda estreita relación cos poetas españois dos anos 50 (Blas de Otero, Gabriel Celaya, José Hierro), integrantes da expansión da poesía social acontecida en todo o territorio estatal por aquela altura, cos que comparte visións ideolóxicas, mecanismos de expresión e, mesmo nalgúns casos, relacións de amizade, como ocorre con Gabriel Celaya, a quen dedica un poema en Longa noite de pedra.

Seguindo a Ramiro Fonte[9], pódense albiscar tres vertentes na poesía do celanovés.
Vertente social[editar | editar a fonte]

É, como vimos insistindo, a principal. O propio Celso Emilio manifesta o compromiso ideolóxico da súa actividade poética deste xeito polo ano 1955[10]:
(...) Os poetas galegos, si queren ser fideles a si mesmos e á terra, teñen que fuxir da arqueoloxía estéril e do ruralismo pedáneo. Teñen que retorcerlle o pescozo ó reiseñor do lirismo lacrimóxeno, saudosento, vello estilo. En troques, teñen que mergullarse con desesperado esforzo no mundo social da nosa terra; nos problemas do noso tempo; nas angurias das nosas xentes.

Do mesmo xeito que os poetas en lingua castelá antes citados, Ferreiro tenta abrirlle os ollos á cidadanía das contradicións que padecen, enmarcándoa no contexto sociopolítico do momento e exercendo de poeta opositor ao réxime franquista. As referencias á guerra civil e á represión posterior, a solidariedade co proletariado e a vontade de loita son temas frecuentes nas súas composicións.

Pero hai nesta dirección social outro tipo de temática que non existe nos seus colegas peninsulares, un tema de Galiza que, sendo de xestación independente, ben pode contrapoñerse ao famoso tema de España dos poetas sociais en castelán e que, ademais, enlaza coa dirección crítica da poesía galega anterior de autores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Ramón Cabanillas. Trátase da defensa da identidade e da lingua galegas, que alcanza o seu punto culminante no poema Deitado frente ao mar publicado en Longa noite de pedra.
Vertente intimista[editar | editar a fonte]

A soidade do individuo perante o devalar da historia, en clara conexión co pesimismo existencialista, así como a nostalxia da infancia e da propia patria evocada desde Venezuela, son temas frecuentes na lírica máis íntima de Ferreiro. Moitas veces, este intimismo aparece mesturado coa problemática social, xa que quen a sofre é o home concreto, estando moitas veces obrigados a lela en clave autobiográfica máis que histórica; é o home individual quen se ten que enfrontar á dura realidade, quen debe lamber as feridas dunha época. Ese tránsito entre o eu persoal e o nós colectivo é de especial complexidade na obra do celanovés.

Mención especial merecen os seus poemas de amor, dirixidos a un ti apelativo, cómplice e persoal. Non representa, pois, un obxecto de desexo senón como un ti no cal o poeta debruza todos os sinais da súa existencia, un ti no que confiar e perante o que ispe os seus sentimentos e emocións máis profundos. E ese ti, como non podía ser doutro xeito, está encarnado na figura da súa muller, Moraima, quen lle inspira un apartado especial en Onde o mundo se chama Celanova titulado Moraima: diario de a bordo.
Vertente satírica

Parque nacional de Canaima en Venezuela, país no que Celso Emilio viviu sete anos.

Fronte ao neotrobadorismo paisaxista a súa poesía ten moito de continuación do xénero burlesco das cantigas de escarnio e maldicir. A sátira e a retranca aparecen en todos os seus libros, sevíndolles tanto como armas denunciadoras das contradicións sociais e políticas como para ridiculizar persoas concretas, seguindo para isto último os mesmos métodos que empregaron os nosos poetas medievais.

Relacionado con esta dirección está o seu concepto da antipoesía, como negación do campo da pureza da lírica e de moitos trazos da linguaxe poética tradicional, de xeito que lle dá o dobre enfoque temático e estrutural. Ferreiro tenta achegar a lingua poética tradicional á lingua común, en consonancia con certos presupostos comunicativos da poesía social, incorporando frases estereotipadas ou frases feitas procedentes da fala popular, xogos de palabras con finalidade irónica e enumeracións caóticas.

A sátira ferreirá ten ampla representación en Viaxe ao país dos ananos, onde ridiculiza a certos sectores da emigración venezolana aos que xulgou como desertores da propia patria, desleigados e medradores.
O soño sulagado[editar | editar a fonte]
Artigo principal: O soño sulagado.

Trátase dun conxunto de 31 poemas publicados por vez primeira en Vigo pola colección Alba no 1955. Nel están presentes xa as temáticas máis recorrentes da poesía de Ferreiro, isto é, o intimismo, a crítica social e a sátira, escrito en clave fortemente persoal e no que a amargura pola perda do soño, o asulagamento do soño, é o fío transversal. Ese soño é o idealismo, a utopía que se percibe irrealizable, tanto no plano sociopolítico, como potencia liberadora do ser humano, coma no plano íntimo ou existencial, metáfora da infancia perdida e do paso do tempo sen futuro. Todos estes puntos condénsanse fortemente nos dous primeiros versos do poema Falareivos de min:[11]
Falareivos de min, anque me doanas escuras raíces dos meus soños.

A memoria da guerra, a denuncia do presente histórico e o amor son motivos con presenza relevante no libro.

No plano formal, Celso Emilio emprega fundamentalmente os metros hendecasílabo e o heptasílabo, encargados de lle daren ritmo a todo o poemario. Agás nalgunha ocasión, non renega aínda claramente da linguaxe poética tradicional e adoita observar as regras de versificación. No tocante ás figuras literarias usa abundantes paralelismos e anáforas, que o relacionan co neotrobadorismo, e aliteracións e onomatopeas con intención moitas veces irónica. A lingua presenta trazos característicos do galego central.
Longa noite de pedra[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Longa noite de pedra.

Manifestación de Queremos Galego! en Compostela. A defensa do idioma é o tema dun dos poemas máis célebres de Longa noite de pedra, Deitado frente ao mar.

É, sen dúbida, a obra máis senlleira do autor e deulle nome a toda unha época da historia contemporánea de Galiza, ademais de ser a que lle deu a dimensión popular. Enlaza en moitos aspectos coa obra de Curros Enríquez, outro celanovés. O poema que lle dá o título ao conxunto da obra fai referencia á prisión padecida polo autor no mosteiro de Celanova no 1937, porén, alén da dimensión anecdótica ou persoal, esta longa noite de pedra tense identificado repetidamente coa longa ditadura franquista[12][13], co que o poema cobra outra nova dimensión social e histórica.

Os núcleos temáticos do libro articúlanse en torno a dous eixos principais: o eu individual do poeta e o nós colectivo. A dor individual transcende a vertente íntima e reflíctese na dor colectiva, e viceversa. Seguindo a Gonzalo Navaza[14], pódense establecer as seguintes temáticas: primeiramente, a denuncia do presente abominable, núcleo temático fundamental para os lectores contemporáneos do libro, que abrangue as denuncias do estado policial, o terror, a miseria e a represión e, en definitiva, a inxustiza social.

A solidariedade cos que sofren é outra constante nos versos, e é o fío que conecta o eu co nós. Esta actitude solidaria é o enfoque que toma a defensa do idioma en Deitado frente ao mar, xa evidenciado no epíteto que lle outorga ao idioma galego no primeiro verso do poema:[15]
Lingua proletaria do meu pobo

Finalmente, a esperanza na liberdade e nun futuro mellor, a expresión dun rotundo antibelicismo e a evocación da infancia e da terra como realidade primitiva e maternal na que o individuo alimenta os seus sinais de identidade, son os outros núcleos temáticos que Navaza sinala como fundamentais na obra.

Formalmente, emprega os metros e as figuras ás que xa recorrera en O soño sulagado, se ben é en Longa noite de pedra onde xa se fai patente a ruptura coa linguaxe poética tradicional e a aposta polo prosaísmo crítico, co conseguinte achegamento á fala popular e o aproveitamento de fórmulas coloquiais.
Viaxe ao país dos ananos[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Viaxe ao país dos ananos.

A obra satírica por excelencia de Celso Emilio, que relata a aventura dun Gulliver Ferreiro que chega a un país habitado por ananos, é unha denuncia da cativeza moral e política de certos sectores da emigración galega en Venezuela, abertamente franquistas e que, non só expulsaron ao poeta e ao seu fillo da Hermandad Gallega, senón que perseguiron a extradición del e da súa familia do país. Non obstante, cómpre sinalar que non é unha alegación contra a emigración común deses milleiros de homes e mulleres que tiveron que marchar de Galiza para sobreviviren, só contra deses emigrantes acomodados que atopa ao frente de certas institucións galegas.[16]
Onde o mundo se chama Celanova[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Onde o mundo se chama Celanova.

Trátase do libro máis intimista da lírica ferreirá, e ten como núcleo temático fundamental a evocación da infancia e da adolescencia. Esta época feliz está fortemente ligada á súa vila de nacemento, Celanova, o que fai que as referencias ao pobo ourensán sexan constantes, empezando xa polo propio título do volume, transfomándose en ocasións nun ser humanizado co que o poeta dialoga.

Pero Ferreiro tampouco esquece os seus principios ideolóxicos e as sátiras contra o poder e a burguesía tamén enchen varias páxinas do libro, conectando con reflexións autobiográficas nas que, por exemplo, conversa cun deus humanizado ao que lle reclama a súa indiferenza perante a inxustiza.

A obra remata cun apartado especial de quince poemas chamado Moraima: diario de a bordo, no que desenvolve a súa lírica amorosa coas características expostas anteriormente e que marca un contrapunto sentimental co resto do libro. Mentres que nos poemas evocadores da infancia o impulso emotivo é a nostalxia da idade dourada, aquí éo a aceptación serena e agradecida do presente representado no amor confidente coa súa muller. A forza de Moraima como epicentro, como referencia inevitable das vivencias do autor queda magnificamente reflectida nos versos iniciais e derradeiros do poema Xaneiro 1972, II:[17]
Cando quero vivirdigo Moraima.Digo Moraimacando semento a espranza.Digo Moraimae ponse azul a alba.(...)Cando quero morrernon digo nada.E mátame o silenciode non decir Moraima
Significación da obra

Dios ke te crew.

Celso Emilio Ferreiro é o único poeta galego que define xa na década de 1950 unha poética social ou comprometida, se exceptuamos aos poetas do exilio Lorenzo Varela e Luis Seoane[10][18], na liña de autores foráneos coma Blas de Otero, o italiano Salvatore Quasimodo ou o brasileiro Manuel Bandeira. O seu libro Longa noite de pedra, ademais de se converter en todo un alegato antifranquista polos lectores coetáneos, serviu de fonte de inspiración a numerosos poetas galegos posteriores.[19]

Outro feito que vén confirmar a gran repercusión da obra do celanovés é a cantidade de versións musicadas que acadaron algúns dos seus poemas máis emblemáticos: "Anaina para o Che Guevara" por Suso Vaamonde[20], "Monólogo do vello traballador" por Pucho Boedo,[21] ou "Deitado frente ao mar" por Dios ke te crew[22] e Borderline79 [23] son algúns exemplos.


Sabaton

Sabaton es una banda sueca de power metal formada en 1999 en la ciudad de Falun . El grupo se caracteriza por su estética militarizada y ...