lunes, 29 de abril de 2019

Ramón Cabanillas



Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.[1]



Foi fillo natural de José Cabanillas Rodríguez (que o recoñeceu anos mais tarde) e Joaquina Enríquez García. O seu pai casou anos máis tarde con Peregrina Pérez, coa que tivo descendencia. Despois de abandonar a carreira eclesiástica en Compostela, regresou a Cambados, onde traballou como funcionario do concello. En Cambados dirixiu o periódico El Umia (1907) e despois El Cometa (1910). Incansábel lector, foi un autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública, que xogou un papel determinante na superación dos moldes do Primeiro Renacemento, malia comezar a publicar a idade avanzada. Con trinta e catro anos emigrou a Cuba -posiblemente por mor de enfrontamentos de índole política-, onde residiu entre 1910 e 1915. Alí entrou en contacto cos núcleos galeguistas que apoiaban o agrarismo galego e foi un dos fundadores da delegación na Habana de Acción Gallega[2] e alí coñeceu a Basilio Álvarez durante unha xira pola illa, e a Xosé Fontenla Leal, que foi clave para que comezase a escribir en galego. Na Habana publicou No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).

Casa natal.

De volta a Galiza, traballou como secretario nos concellos de Mos (1916-1921), Moaña, Cuntis e Redondela. Coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento. Inicialmente próximo a posturas tradicionalistas, axiña compartiu as teses de Vicente Risco, cuxo proxecto estético e cultural influiría decididamente na súa produción posterior. Foi aclamado como Poeta da Raza e utilizou os seus poemas ao servizo da construción nacional, abandonando os ecos intimistas presentes na súa primeira poesía. Así, en Da terra asoballada (1917) (segunda edición de 1926, que só reproduce catro poemas da 1ª edición que ten un sentido máis crítico e social cá segunda) e nas novas edicións dos poemarios publicados na Habana, Cabanillas mantivo unha actitude educadora. Pretendeu concienciar o pobo e achegalo ao nacionalismo. Con estes mesmos obxectivos redixiu, a instancias de Antón Villar Ponte, a peza dramática A man da santiña (1921). En colaboración con el comporía en 1926 a traxedia histórica O mariscal.

Fotografía en Vida Gallega.

Tamén en 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida, onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Lonxe de constituír un mero exercicio arqueolóxico, trátase, entón, dun texto no que un coidadísimo formalismo está ao servizo dun proceso de exaltación mítico-patriótica: os cabaleiros da Mesa Redonda veñen ser, deste xeito, os precedentes directos dos novos cabaleiros das Irmandades da Fala a procuraren o Santo Graal que é a redención de Galicia. Segundo o propio Cabanillas, trátase da máis lograda das súas obras, opinión que é compartida por unha parte importante da crítica actual.

Porén, en 1927, Cabanillas leva adiante o volume no que mellor desenvolve o lirismo de carácter intimista. Trátase do poemario titulado A rosa de cen follas onde as presenzas rosalianas resultan evidentes.

En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, en substitución de José Salgado Rodríguez, sendo admitido co discurso A saudade nos poetas galegos, discurso que foi respondido por Eladio Rodríguez. En 1929 fixo o propio na Real Academia Española cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Na década de 1930, instalado en Madrid, Cabanillas -en liña co seu admirado Basilio Álvarez- achegouse aos gobernos presididos por Alejandro Lerroux, o que lle custou o desapego e mais as críticas de certos sectores do galeguismo.

En 1936 permanecía na capital española cando estalou a guerra civil española. Trasladado a Valencia, Cabanillas -logo dun azaroso episodio- trasladouse á zona sublevada, intentando recupera a vida burocrática como secretario de diversos concellos (Meis, Silleda e Dozón). A súa obra atravesou un período de silencio, roto a finais da década dos 40 con Camiños no tempo. Comeza entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.

En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas, organizando en colaboración co concello de Cambados unha serie de actos dentro do Ano Cabanillas para conmemorar o 50º cabodano da súa morte [3].
Breve autobiografía[editar | editar a fonte]

En 1948, Francisco Fernández del Riego andaba a redactar unha antoloxía da poesía galega (que logo se publicaría como Escolma de poesía galega, 1955). No verán dese ano escribiu a Cabanillas, como fixo con outros poetas galegos, pedíndolle uns datos biográficos e a súa opinión sobre a poesía en xeral e a galega, en particular. Cabanillas contestoulle o seguinte:
"Do demais, nada: son un home sen biografía. Nacín o día 3 de Sanxuán do 1876, n-unha casiña vella e probe, con patín, antre un pazo que fundóu un coengo de Compostela e unha praia que fixo persoalmente Noso Señor, na viliña de Fefiñáns, oxe axugada â vila de Cambados e por aquel entón anexo da freguesía de San Adrián de Vilariño, onde fun bautismado n-unha pía sagrada pol-o abade Pedro de Celanova fai arredor de dez séculos; mal estudiéi un pouco de latín e filosofía en San Martiño Pinario; collín un barco ô tuntún e caín na Habana onde escomencéi a esborranchar copras; de volta andiven nunhas cantas segredarías de auntamentos, desfaguendo entortos da picaresca municipal do rus; e, nin apouso nin repouso, vivín até o presente e espero pol-a morte. Nin que decir tén que conocín moitas xentes e vín moitas cousas, mais adivertidas que tráxicas, pero eses son contos para matar o tempo unha noite de inverno, a carón da lareira. Fume e vento."

Carta de Cabanillas a Paco del Riego, sen data pero inmediatamente anterior ó 17 de agosto de 1948. Publicada en Cadernos Ramón Piñeiro XVIII, 2011, 100.
Estilo literario[editar | editar a fonte]

Riestra Calderón, Enrique Peinador, Valle-Inclán, Cabanillas e Victoriano García Martí.

Autor de rápido recoñecemento popular e académico, Cabanillas conduciu á poesía galega cara á modernidade e a súa obra foi considerada desde os primeiros momentos dentro do canon da literatura galega. Admirado, mesmo idolatrado, polos principais dirixentes das Irmandades da Fala, é en relación con ese movemento onde debemos situar o seu labor. Se ben que para algúns críticos forma parte da Xeración de entre dous séculos xunto con Antonio Noriega Varela, o certo é que Cabanillas tamén pode ser considerado plenamente como "o poeta de Nós". En fin, situalo como "o poeta das Irmandades" semella a mellor de todas as opcións, dado que é a que máis responde tanto á cronoloxía da súa obra como á propia actitude temático-estilístico que nela se manifesta, sempre na dirección de representar liricamente os "intereses" e "necesidades" do nacionalismo e, xa que logo, na procura dunha estética nacional.

Algunhas características da poesía de Cabanillas son:
Trazos modernistas que o distinguen do popularismo ou formalismo dos devanceiros e o converten na ponte necesaria entre o Rexurdimento e a Vangardas. A influencia modernista aparece nos seus primeiros libros, onde convive co realismo e a reivindicación social, e farase máis notábel na súa obra Na noite estrelecida.
Tendencia ao sexual e colorista.
Preciosismo verbal.
Musicalidade.

Aínda que tamén escribiu prosa e teatro, a súa obra é fundamentalmente lírica, e pódese clasificar en:
Poesía lírica[editar | editar a fonte]

Detalle dun monumento en Cambados
Poesía social, de carácter agrarista e anticaciquil, que continúa a temática cívica de Curros Enríquez. Aparece nela unha exaltación do medio rural fronte á cidade, unha idea de Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión. Este tipo de poesía maniféstase máis nitidamente nos seus tres primeiros libros.
Poesía intimista, que lembra a Rosalía de Castro ou Bécquer nalgúns aspectos. O sentimento amoroso é o protagonista destas pezas, así como a conmoción ante a paisaxe. A rosa de cen follas é a máxima expresión deste tipo de poesía cuxo título provén dun dos versos de Rosalía "mais ve que o meu corazón/ é unha rosa de cen follas".
Poesía costumista, que presenta matices humorísticos ou irónicos así como novidades formais de carácter modernista que a afastan da poesía costumista do século XIX. Destacan dúas obras: Da miña zanfona e Versos de alleas terras e tempos idos.
Poesía modernista ou "novecentista"[editar | editar a fonte]

Nela busca, desde o galego, tratar temáticas da literatura universal se ben que "galeguizándoas" en certos apartados da ambientación. O obxectivo de tales textos ten un carácter estético-patriótico dado que o poeta quere demostrar, xustamente, a valía do idioma para calquera ocasión. Asemade han de ser considerados como un exercicio no cal Cabanillas proba as súas cualidades en calquera terreo da "modernidade".
Poesía narrativa[editar | editar a fonte]

Cabanillas realiza un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva. Así nace Na noite estrelecida, obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña, situando a acción en Galicia e dotando á historia dun forte sentido cristián, elemento que Cabanillas considera como definidor de Galicia.

Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de Amaro de Aventei, personaxe lendario na tradición popular da comarca do Salnés, e Samos, que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro no que Cabanillas pasou algunhas tempadas[4].
Etapas[editar | editar a fonte]

Estatuas de Paz-Andrade, Casares e Cabanillas en Pontevedra.
1910-1915: Etapa pregaleguista. Nesta etapa mostra a nostalxia do desterrado polo que quedou atrás. É unha etapa de poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista. As obras máis destacadas desta etapa foron: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
1916-1920: Etapa galeguista. Nesta etapa emprega a Galicia como suxeito colectivo para mostrar a contraposición entre o labrego galego de actitude positiva e o fidalgo castelán de actitude negativa ou pesimista. As obras máis destacadas desta etapa foron Da terra asoballada (1917) e A saudade nos poetas galegos (1920).
1921-1930: Etapa mítico-saudosista. A intención da obra literaria de Ramón Cabanillas nesta etapa era crear unha verdade paralela que mostre as leccións do pasado para dominar o presente e ter un mellor futuro. A linguaxe da produción literaria desta etapa era complexa e sistemática, con moito simbolismo, polo que non era entendible pola maior parte da poboación, e parte da intención destas obras non se cumpriu. As obras máis destacadas desta etapa foron A man da santiña (1921), O cabaleiro do Sant Grial (1922), Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925), Na noite estrelecida (1926), O Mariscal(1926) e A rosa de cen follas (1927).
1949-1959: Etapa da posguerra. As obras máis destacadas desta etapa foron Camiños no tempo (1949), Antífona da cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1955) e Samos (1958).
Obras[editar | editar a fonte]

Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG. De pé: Ángel del Castillo, Fernando Martínez Morás, Manuel Amor Meilán, Federico Maciñeira, José Vega Blanco, Cabanillas, Victoriano Taibo e Antón Villar Ponte. Sentados: David Fernández Diéguez, Indalecio Varela Lenzano, Uxío Carré, Marcelo Macías, Eladio Rodríguez e Rafael Pérez Barreiro. 20/11/1926
No desterro (1913, La Habana; poesía)
Vento mareiro (1915; poesía).[5]
Da terra asoballada (1917; poesía)[6]
A saudade nos poetas galegos (1920; ensaio; discurso de ingreso na RAG)
A man da santiña (1921; teatro)
O cabaleiro do Sant Grial (1922; poesía)
Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925; poesía)
Na noite estrelecida (1926; poesía)
O Mariscal (1926; teatro; con A. Villar Ponte e debuxos de Cebreiro).[7]
A rosa de cen follas (1927; poesía)
Camiños no tempo (Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1949; poesía)
Antífona da cantiga (1951; antoloxía poética)
Da miña zanfona (1954; poesía). Colección Xistral.
Versos de alleas terras e tempos idos (1955)
Samos (1958; poesía)
Obra completa (1959, Bos Aires)
Cancioneiro popular galego, Biblioteca Básica da Cultura Galega
Poesía galega completa (2009)

Adolfo Suárez


Adolfo Suárez

(Adolfo Suárez González; Cebreros, 1932 - Madrid, 2014) Político español, figura clave de la transición democrática española. Doctor en derecho, inició su carrera política como gobernador civil de Segovia (1968). En 1975 participó en la fundación de Unión Democrática del Pueblo Español (UDPE), grupo que posteriormente presidiría.


Adolfo Suárez

Tras la muerte de Francisco Franco, el rey Juan Carlos I lo nombró presidente del gobierno en sustitución de Carlos Arias Navarro; Adolfo Suárez inició entonces de inmediato un diálogo con las diferentes fuerzas políticas. En agosto de 1976 hizo efectiva una amnistía para los delitos de motivación política, perseguidos por el régimen anterior. La medida venía siendo reclamada por un amplio sector de la sociedad española. Su gobierno preparó la Ley para la Reforma Política, cuyo contenido planteaba una transición sin rupturas traumáticas con el régimen anterior.

Legalizó los partidos socialista y comunista, amén de los diferentes sindicatos existentes en la época. La legalización del PCE fue una de las pruebas más duras a las que se sometió Suárez, presionado por los poderes fácticos y algunos círculos del Ejército. Fundó Unión de Centro Democrático (UCD), partido que aglutinaba las fuerzas democristianas y socialdemócratas del país. Al frente de este grupo político ganó las elecciones de 1977.

Tras diversas negociaciones multilaterales (los pactos de la Moncloa), consiguió que se aprobara en referéndum, celebrado en 1878, una Constitución mediante la cual España pasaba a constituirse en monarquía parlamentaria. A partir de entonces, su posición se fue debilitando, hasta que en 1981 presentó su dimisión como jefe del ejecutivo. Leopoldo Calvo Sotelo le sucedió al frente del Gobierno. Un año después, abandonó la UCD y constituyó un nuevo partido, el Centro Democrático y Social (CDS), por el que fue diputado.

Casado con Amparo Illana Elórtegui, el matrimonio tuvo cinco hijos: Máriam, Adolfo, Laura, Sonsoles y Javier. Tras abandonar su actividad política, el ex presidente del gobierno se mantuvo alejado de la vida pública y dedicó la mayor parte de su tiempo al cuidado de su esposa, enferma de cáncer desde 1994, que falleció en su domicilio madrileño el 17 de mayo de 2001.

Nietszche


Friedrich Nietzsche


Friedrich Nietzsche nace el 15 de octubre del año de 1844 en Röcken, la cual es hoy en día Alemania, al graduarse comienza inmediatamente sus estudios de teología y filología clásica en la universidad de Bonn.

Después de realizar durante un año el servicio militar, decide regresar a su hogar y de esta manera continuar sus estudios, posterior a esto en 1869 la universidad de Leipzig le concede un doctorado en mérito de sus investigaciones.

Todas estas hechas en el campo de la filología clásica, también es nombrado profesor honorario y obtiene de esta manera la tan anhelada ciudadanía Suiza, y en 1872 publica su primer libro el cual sería llamado El nacimiento de la tragedia en el espíritu de la música.

Y alrededor de los años 1873 y 1876 realiza cuatro ensayos, los cuales al pasar los años serian recogidos y titulados como textos intempestivos, pero su trabajo escribiendo e investigando se ve interrumpido por problemas de salud que lo hacen alejar de su puesto


UNA VIDA EN QUIEBRE

Después de que se le diagnosticara la enfermedad sífilis, su salud mental comienza a deteriorarse, a pesar de haber creado grandes obras significativas como Así hablo Zaratustra y Más Allá del bien y del mal.

Su enfermedad, poco conocida para la época y menos tratada, hace que el filósofo comenzara a tener una vida cada día más retirada y amargada, a medida que iba avanzando su edad y se hacen más dolorosos los síntomas del padecimiento.

Mientras sufría la tortura de los síntomas de la sífilis, sus escritos comenzaban a tener un sentimiento cada vez más grande y agresivo, expresándose de esa manera a través de sus manuscritos y del dolor que estaba padeciendo, dolor que lo llevo a la locura.

Las divisiones palpables de su obra se pueden dividir entre la crítica de la cultura y un segundo periodo que lleva más a la madurez y donde sus obras adquieren un matiz más metafísico.

Esto hace que las obras de su primer periodo, fuesen las primeras en tener gran reconocimiento, entre muchos expertos y son, todavía hoy en día un símbolo de importancia y aprendizaje.


FILOSOFÍA HERMENÉUTICA

Su labor hermenéutica se orienta a través de la racionalidad y la moral, teniendo estas como base fundamental, en sus escritos se puede ver la lucha que mantenía entre su racionalidad y la locura que comenzaba a comer parte de su entendimiento.

Finalmente, muere en la locura completa y encerrado en una celda, años después se conoce que su encierre se debe a que se desconocía por completo la enfermedad que este padecía.

Sabaton

Sabaton es una banda sueca de power metal formada en 1999 en la ciudad de Falun . El grupo se caracteriza por su estética militarizada y ...